
março 21, 2011
Palestra sobre a prehistoria na Galiza e roteiro polo Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños

Manifesto contra a Lei de Augas
Máis de 2.000 persoas congregáronse, o 20 de marzo (antevéspera do Día Mundial da Auga) en Santiago de Compostela, para esixir do Goberno de Feijoó a derrogación da Lei de Augas de Galicia. A marcha cívica, convocada pola Plataforma Galega contra a Lei de Augas, partiu ás 12:30 horas da Alameda, e rematou na Praza da Quintana, onde representantes dasdiversas organizacións que integran este movemento contra a privatización da nosa auga deron lectura a un manifesto.
março 17, 2011
Apoiamos Plataforma Galega contra a Lei de Águas e a movilizaçom deste domingo
março 16, 2011
Obradoiro: "Construíndo igualdade a partir das nosas diferenzas"
Desde A.C. Almuinha informamos de que, con motivo do pasado Día Internacional da Muller, o día 18 de marzo ás 20.00 terá lugar no Ateneo un Obradoiro de Igualdade que leva por lema: “Construíndo igualdade a partir das nosas diferenzas”.O Obradoiro permitirá as persoas asistentes reflexionar sobre as nosas diferenzas como homes e mulleres e a necesidade da igualdade material en dereitos, mais alá da meramente formal recollida en diferentes normas xurídicas. Ademais, preténdese crear un debate grupal, no que cada persoa reflexionará sobre as accións que pode emprender na súa vida cotiá para acadar esa igualdade de dereitos e a superación das desigualdades de xénero.
Dada a situación actual, caracterizada por unha banda polas dificultades que continuamos a ter as mulleres para o acceso ao mundo laboral, para promocionar no traballo, para acceder a postos directivos na empresa, para compaxinar a xornada laboral e doméstica e de coidado, para acceder a traballos tradicionalmente masculinizados, etc, e por outra banda, polos recortes de dereitos sociais e laborais no contexto da crise económica actual e que supoñen un duro golpe aos sectores máis desfavorecidos, entre elas as mulleres, fai que desde a A.C. Almuinha consideremos moi importante a realización dun Obradoiro que permita ao conxunto da poboación a análise da realidade, a reflexión e a acción para mudar esta situación.
O Obradoiro será impartido por unha pedagoga e unha psicóloga-sexóloga pertencente ao Gabinete Proceso Psicoloxía e con ampla e acreditada experiencia.
Para maior información, podedes poñervos en contacto no teléfono 647 06 23 99 ou no mail a.c.almuinha@gmail.com
março 13, 2011
Pola posta em valor do nosso património arqueológico
Durante vários meses solicitamos, tanto ao concelho de Marim como a própria Xunta, diferentes actuaçons para proteger e pôr em valor o nosso património arqueológico: a posta em valor do castro da Subidá e a melhora do entorno dos petróglifos de Mogor eram as intervençons mais prioritárias desde o nosso ponto de vista.
O castro da Subidá, que é o melhor exemplo de povoado castrejo existente no nosso concelho, ficou ao longo dos anos completamente abandonado e desprotegido ante diferentes acontecimentos, provocando que as desfeitas no jacimento da Subidá fossem quantiosas nos últimos 15 anos: lumes, espólios, vegetaçom, actuaçons irresponsáveis e inconcevíveis como forom a apertura de caminhos e estradas na área de protecçom, a construçom dumha canteira que provocou que a muralha defensiva que até há bem pouco era visível rematara desaparecendo, ou a instalaçom dumhas torretas de Fenosa, que finalmente forom retiradas.
Mas também queremos manifestar que agardamos que estas actuaçons nom fiquem em intervençons para tirar umha foto, e depois fique todo abandonado outra vez durante anos. Se bem nos petróglifos de Mogor, com a construçom do centro de interpretaçom, a colocaçom de paineis informativos e o arranjo do caminho de pedras, consideramos que seria suficiente para a sua posta em valor, no castro haverá que dar novos passos umha vez se rematem os trabalhos atuais. É preciso fazer umha investigaçom arqueológica moderna, séria e completa (que nunca se fixo), que consista na sua recuperaçom integral e no seu estudo.
Marim, a 13 de março de 2011
A.C. Almuinha
março 09, 2011
10 DE MARÇO, DIA DA CLASSE OBREIRA GALEGA
Desde Almuinha advogamos por que as entidades sindicais galegas continuem a percurar um marco galego de relaçons laborais onde concentrar as nossas reivindicaçons e caminhar para umha Galiza soberana e dona de si própria.
A.C.ALMUINHA
10 de Março de 2011
março 07, 2011
Dia Internacional da Mulher Trabalhadora
Este novo contexto, que se ben afecta ao conxunto da poboación, provocará sen dúbida un aumento na feminización da pobreza existente xa con anterioridade á crise, e dificultará aínda máis que as mulleres poidan acceder ao mundo laboral, a condicións laborais e a pensións dignas, xa que atrasar a idade de xubilación e alongar o período para o cálculo de pensións, dificulta o acceso e reduce a contía por mor da precariedade laboral que levan asociada (temporalidade, contratos parciais e por horas, traballo non remunerado, longos períodos de inactividade ata que acadan contratos estábeis, etc.), ou ben por interrupcións ou diminucións da cotización, derivadas de situacións como a maternidade e conciliación (excedencias, reducións de xornada, etc).Ademais, neste 8 de marzo de 2011, as mulleres continuamos a ter, nas chamadas “sociedades desenvolvidas”, dificultades no acceso ao mundo laboral, para promocionar laboralmente, para acceder a postos directivos na empresa, para compaxinar a xornada laboral e doméstica e de coidado, para acceder a traballos tradicionalmente masculinizados e un longo etcétera. Se ben é certo que algo se avanzou nesta materia, tamén é ben certo que aínda fica moito camiño por percorrer.
É por isto, que A.C. Almuinha non pode deixar a un lado unha data coma esta e quere, ademais de reivindicar a loita polos dereitos sociais e laborais das mulleres, convidar ao conxunto da poboación marinense a participar o vindeiro 18 de marzo ás 20:00 no local do Ateneo a un Obradoiro de Igualdade que leva por lema: “Construíndo igualdade a partir das nosas diferenzas”. Neste Obradoiro pretendemos reflexionar sobre as nosas diferenzas como homes e mulleres e a necesidade da igualdade material en dereitos, mais alá da meramente formal recollida en diferentes normas. Alén disto pretendese crear un debate grupal, no que cada persoa reflexionará sobre as accións que pode emprender na súa vida cotiá para acadar esa igualdade de dereitos e a superación das desigualdades de xénero.
Para rematar, cabe dicir que esta celebración, nesta data, non debe facernos esquecer ningún dos demais días do ano, a necesidade imperiosa de acadar a igualdade “efectiva e real” entre xéneros para poder avanzar como sociedade.
En Marín, a 7 de marzo de 2.011
fevereiro 16, 2011
CEIA ESTE SÁBADO POLO III ANIVERSÁRIO DE ALMUINHA
Por isto, queremos convidar-te à ceia, que terá lugar o sábado 19 de fevereiro às 21:30 no restaurante San Xián. O preço é de 18 euros (menu: ameixas, lagostinos, churrasco, sobremesa e chupinho) e haverá música ao vivo.
Precissamos confirmar o número de pessoas no restaurante o dia 17, polo que pedimos que no caso de assistir nos avises antes do dia 17.
Sem mais, e agardando contar com a tua presença, recebe umha aperta.
janeiro 21, 2011
27 de janeiro: é hora de reagir tod@s à greve geral

janeiro 13, 2011
"Capitalismo: o que é isso?" por Emir Sader
As crises revelam a essência da irracionalidade do capitalismo: porque há excesso de produção ou falta de consumo, se destroem mercadorias e empregos, se fecham empresas, agudizando os problemas. Até que o mercado “se depura”, derrotando os que competiam em piores condições – tanto empresas, como trabalhadores – e se retoma o ciclo expansivo, mesmo se de um patamar mais baixo, até que se reproduzam as contradições e se chegue a uma nova crise...janeiro 04, 2011
dezembro 29, 2010
O apalpador volta polo nadal
Un ano máis, e da man da A.C. Almuinha, o apalpador percorrerá as rúas e prazas de Marín o vindeiro 31 de decembro a partir das 5 da tarde acompañado de música e caramelos para todos os nenos e nenas que se acheguen. O Apalpador non é ningún invento desta asociación cultural senón a recuperación deste personaxe mítico do nadal galego. O ámbito xeográfico no que se recollen os seus testemuños orais é a zona da alta montaña luguesa, terras de Lóuzara, o Caurel e o Cebreiro. Porén, a presenza da lenda podería tamén abranguer Quiroga e os Ancares.
O Apalpador, apalpabarrigas ou pandigueiro nomes polos cales tamén é coñecido vive nas devesas adicado a facer carbón e caracterízase fisicamente polo seu grande tamaño, viste boina e traxe esfarrapado e con remendos, fuma en pipa e aliméntase con bagas salvaxes e os porcos que caza no monte. No nadal baixa da súa escura morada para ir visitar os nenos e nenas galegase chega cando estes están durmidos, apálpalles a barriga para ver se están fartos ou se teñen fame. Se están cheos dilles “Así, así esteas todo o ano” e deixalles unha presa de castañas, se pola contra están famentos, fica calado e deixalle tamén unha manchea de castañas.
Mais os tempos mudaron e o noso Apalpador non pode ficar atrás por iso tamén pode facer agasallos, mais a diferenza doutras figuras do nadal son fabricados por el mesmo ou reciclados doutros nenos, fomentando valores como a solidariedade e a xenerosidade entre os máis novos.
dezembro 09, 2010
Palestra Soberanía alimentar e consumo responsábel
Hoxe en día non resulta difícil atopar calquera produto, froita ou alimento doutros países en calquera tenda, froitería ou grande superficie. Isto que para algún a priori pode ser algo bo agocha unha realidade moito máis dura, a dos/as produtores/as. Sexan estes produtores locais ou foráneos ambos os dous sofren as consecuencias do Deus mercado, baixos prezos en orixe e grandes beneficios para os intermendiarios, provocando a precariedade na vida dos produtores e como consecuencia o abandono do rural.Fronte a estas políticas mercantilistas que gobernan e tiran un grande lucro da nosa alimentación grupos de produtores están a agruparse para traballar polo que se coñece como soberanía alimentar, o dereito que teñen todos os pobos para decidir as súas políticas alimentarias. Tamén son moitos/as os/as cidadáns/ás que concienciados/as se agrupan dacordo con produtores locais para formar cooperativas de consumo responsábel.
Alén das consecuencias económicas para os produtores o cultivo intensivo e o uso de abonos químicos xunto coa plantación de produtos transxénicos están a influir de xeito grave no medio. Para coñecer máis sobre a soberanía alimentar e o consumo responsábel, este venres 10 de decembro a partir das 20h na biblioteca municipal de Marín a A.C. Almuinha organiza unha charla coloquio onde intervirán a líder histórica do Sindicato Labrego Galego, Lidia Senra, e unha persoa que forma parte da cooperativa de consumo responsábel e ecolóxico a Gradicela.
dezembro 08, 2010
Feche temporal do Centro Social Almuinha
novembro 24, 2010
Estrea de "A memoria da lingua" en Marín este venres 26 ás 20h
Este venres 26 de novembro ás 20h no Centro Social Almuinha estrearase en Marín o documental “A memoria da lingua”, realizado polo grupo As Candongas do Quirombo neste ano 2010. As Candongas do Quirombo é un colectivo informal formado pola marinense Andrea Núñez, Xandra Santos, Lara Rozados, Laura Fernández e Raquel Rei, cinco mozas galegas que se xuntan baixo este nome para levar a cabo un proxecto de creación dun documental sobre a recuperación da memoria do galego e outras actividades de acción directa en torno ao noso idioma.
A memoria da lingua é un documental composto por 20 entrevistas a persoas de diferentes idades e condicións sociais que nos aproximan á memoria histórica da lingua galega. Este traballo achega unha nova perpectiva para ollar o galego e para sacar do esquecemento a situación de represión que viviu e vive a nosa lingua. A través da historia viva das súas protagonistas esta cinta amósanos a evolución social do galego e a percepción que os/as falantes tiveron e teñen dela, aproximándonos así ao pasado máis recente do idioma e tamén á súa situación actual.
Dende a A.C. Almuinha convidamos a todos/as os/as marinenses a ver este documental e a achegarnos as súas vivencias idiomáticas persoais e as súas opinións respecto á problemática que está a vivir na actualidade.
A memoria da lingua from as candongas do quirombo on Vimeo.
novembro 19, 2010
Elnosa emite 7 vezes mais mercurio do permitido na ria. Ence-Elnosa fora da ria já!!!
Desde a A.C. Almuinha queremos manifestar a nossa gram preocupaçom em relaçom com a noticia aparecida nestes dias sobre os niveis de contaminaçom que soportam as comarcas próximas à zona industrial de Lourizám, tras a publicaçom do informe 'Inmisiones de mercurio en la industria clorcáustica 2006-2010' elaborado por investigadores da Universidade de Castela-A Mancha para a organizaçom ecologista “Ecoloxistas en acción”. Nesta ocasom, é a fábrica de ELNOSA a que reclama a nossa atençom. Segundo o estudo mencionado, ELNOSA registra niveis de emissom de mercurio até 7 vezes superiores ao recomendado pola Organizaçom Mundial da Saude (OMS); mentres a OMS recomenda como límite máximo 200 nanogramos por metro cúbico de ar, este estudo detectou niveis de até 1408 nanogramos por metro cúbico de ar. Deste jeito, fica demostrado que a industria do cloro emite moito mais mercurio do que declara oficialmente, ponhendo em risco a saúde d@s vecinh@s e a qualidade do peixe que consumimos, e as quantidades de mercurio presentes no ambiente e no corpo humano seguem aumentando.
O mercurio, que se expande polo ar, auga ou solo, e pode percorrer grandes distancias chegando a lugares bastante afastados do lugar da emisom, provoca efeitos gravísimos sobre a saúde das pessoas, demostrado em diferentes estudos médicos, já que estamos a falar de um neurotóxico que pode afectar à formaçom do cerebro: trastornos neurológicos e de comportamento como tremores, labilidade emocional, perda de memória, trocos no sistema neuromuscular, dores de cabeça, problemas renais e de tiroides, e a exposiçom é moi preocupante durante o embarazo ou a lactáncia. Amais disto, pode provocar danos no sistema cardiovascular e por se nom fosse suficiente, os compostos do mercurio podem ser cancerígenos.
Esta alarmante situaçom é consequência da utilizaçom por ELNOSA de tecnologia obsoleta (tecnologia de celdas de mercurio), que data do século XIX, existindo na actualidade tecnologia moito mais limpa (processo de membrana) que elimiraria a contaminaçom emitida por este motivo, e que consume um 30% menos de energia. Por que ELNOSA nom substitúe esta tecnologia? Por um único motivo, o obxectivo de ELNOSA, como o de qualquer outra empresa privada, é a obtençom do máximo beneficio posível, e a substituiçom desta tecnologia por outra mais limpa supom ums custes que nom estám dispostos a asumir porque os beneficios seriam menores, e mais tendo em conta que a permanência do complexo industrial de Lourizám tem os dias contados em Lourizám. Estamos ante um exemplo mais de como o capital prioriza o lucro dumhas quantas pessoas (gestores e directivos da empresa) sobre a saúde da decenas de milheiros de pessoas que vivimos perto de Lourizám.
Mas se a prioridade da procura do lucro sobre a saúde da populaçom por parte de umha empresa é intolerável, que podemos dizer da postura dos nossos responsáveis políticos, que supostamente som eligid@s para defender o interesse geral? O Estado espanhol nom está a fazer nada para conseguir eliminar a contaminaçom emitida por causa do mercurio, e a Xunta menos ainda. As instituiçons político-administrativas (tanto galegas como espanholas) som instrumentos do capital, continuamente dam mostras de que prefirem beneficiar aos grandes intereses económicos que as necesidades da populaçom (tendo exemplos de sobra precisamente nestes tempos de crise onde som reduzidos os salários, as prestaçons, os serviços sociais…, mentres as grandes rentas, intocáveis, continuam livres de qualquer control, com os seus insultantes beneficios).
Por todo isto, esigimos-lhe à Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia umha intervençom urgente, que deixe de dar escusas como que nos controis que fai a Xunta nom se inclúem os niveis de mercurio, que inclua a mediçom de mercurio nestes controis, e que ponha os intereses da maioria da populaçom por diante dos beneficios de ELNOSA.
Continuamos afirmando que é intolerável e inadmisível a permanência do complexo industrial ENCE-ELNOSA por mais tempo na sua ubicaçom actual. A saúde e o beneficio da maioria da populaçom tem que estar por riba do lucro dos gestores e directivos desta e de qualquer outra empresa, polo que esigimos a retirada inmediata do complexo ENCE-ELNOSA da nossa ria e que se obrigue a ELNOSA a limpar o solo e as augas que contaminassem (para o qual hai que fazer um control sobre a sua actividade e emisons).
novembro 18, 2010
Solidariedade co povo saaraui
Perante os últimos acontecimentos ocorridos na Saara a A.C. Almuinha quer solidarizar-se co povo saaraui e reclama da comunidade internacional e do estado espanhol que deixen de fazer a vista gorda, 35 anos já bastam, e exijam do governo marroquino o cese de toda violência contra o povo saaraui e o cumprimento das resoluçons da ONU permitindo ao Saara decidir o seu futuro livremente, mediante o referendum de autodeterminaçom. A A.C. Almuinha dedica este fim de semana ao conflito saaraui projectando um documentário que está dividido en três capítulos, pondo os dous primeiros a sexta feira (venres) 19 a partir das 20h e o terceiro capítulo o sábado 20 às 20h no centro social Almuinha situado na rua Ezequiel Massoni nº 63.Manifestaçom a prol dumha sanidade 100% pública
A A.C. Almuinha manifesta o seu apoio à manifestaçom convocada pola Plataforma Sos Sanidade Pública para este próximo Domingo dia 21 de Novembro a partires das 12,00 h que sairá desde a Alameda de Compostela assim como fazer um chamamento à sociedade marinense para que que participe masivamente na mesma. Tam só com a mobilizaçom social se poderám parar os planos do governo galego para privatizar um serviço básico e necessário como é a sanidade.Nos paises onde o sistema de financiamento é público e a provissom de serviços pode ser pública ou privada existe pressom por parte dos partidos neoliberais para que o sector público contrate mais com as empresas sanitárias privadas. Como acontece a nível galego com os chamados concertos, todo um negócio para os donos das clínicas e hospitais privados que na maioria dos casos têm relaçom directa com o poder político que aprova esses acordos. O poder político é um reflexo do económico.
Multitude de estudos demonstram que os centros privados som muito mais caros que os públicos sem que a sua eficiência seja melhor. Estes custes maiores som devidos aos maiores salários dos directivos e gastos de administraçom mentres os gastos em persoal sanitário som menores, consequencia de escatimar persoal em áreas que afectam à qualidade dos serviços, tais como serviços de enfermaría e tecnologia médica. A mortalidade nos centros privados é maior que nos públicos.
Contudo o sucesso destes centros privados depende do seu subfinanciamento com recursos extraidos á sanidade pública.
A actual situaçom de POVISA ante a apresentaçom imediata de um Expediente de Regulamento do Emprego que afectaria a mais de 1.000 empregadas/os como um movimento táctico de posicionamento empresarial e da Junta ante a situaçom que se abre com o novo hospital de Vigo; a participaçom de consórcios privados no financiamento da construçom e gestom deste hospital e o novo de Ponte Vedra polo que percebirám um canon pagado polo SERGAS durante 20 anos tras o que o custo estimado dos hospitais se estima em 6 vezes mais caro que de se empregar financiamento público e tras dito periodo haverá que enfrontar a obsolescência dessas infraestruturas e equipamentos; e o empioramento geralizado da qualidade dos serviços em todo o sistema público som paradigmáticos da política sanitária implementada polo governo do P.P. desde a Junta da Galiza.
O caso de Montecelo é especialmente gravoso para o sistema sanitário galego. Em lugar de aproveitar o investido para a sua ampliaçom e contando com as suas maiores possibilidades de alargamentos futuros permitidos polo PGOM, tem-se paralisado para centrar-se no novo hospital, empiorando a demora na atençom médica ao doente.
Convén lembrar também polo interesse que tem para tod@s @s marinenses, que o novo centro de saúde de Marim está projectado empregando o mesmo sistema que construçom dos novos hospitais de Vigo e Ponte Vedra, é dizer, dando entrada ao capital privado na sua construçom e gestom, multiplicando os custos e empiorando a qualidade dos serviços prestados.
O domingo tod@s a Compostela a Manifestar-se!!!
novembro 11, 2010
Contra as agressons medio ambientais ao monte em Marim
Os autores do roubo prendéronlle lume ao coche nunha explanada situada a escasos metros do complexo rupestre de Pornedo, catalogado como Ben de Interese Cultural co código GA36026015. Estes colectivos consideran que os restos deste vehículo representan un perigo para o medio ambiente, polo que se dirixiron por escrito ao Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil, á Concellería de Medio Ambiente de Marín, á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta, así como á Comunidade de Montes de San Xulián, para informar deste feito delictivo e ante a preocupación pola necesidade de retirar a estrutura do coche e os demais elementos que foron destruidos polas lapas.novembro 01, 2010
Repúblicas de homes libres: na procura dos Lordomani. Manuel Gago no C.S. Almuinha
A presenza dos normandos na Galiza ten xenerado centos de páxinas. Feitos, lendas e suposicións mestúranse entre si, e non é doado desbrozar. A relación de contactos cos normandos é longa, dilatada no tempo e desde logo intensa en sangue e ferro. Os homes do norte tocaron Galicia en catro vagas, algunhas veces deberon ser expedicións curtas de pillaxe e abastecemento no camiño cara as ricas cidades mediterráneas, e outras veces a cousa foi moito máis seria. Houbo unha política ao redor dos viquingos, unha política complexa que se traduciu en movementos bélicos, en políticas de defensa e en movementos de poboación.Para falar dos viquingos, dos que se opuxeron a eles, dos que colaboraron con eles e das trazas que deles puideron quedar na Galiza este venres 5 de novembro ás 20:30 impartirá unha conferencia no centro social Almuinha, rúa Ezequiel Massoni nº 63, o xornalista e profesor da USC, Manuel Gago.






