dezembro 29, 2009

31D: Festa no Centro Social !!

Desde a A.C. Almuinha informamos que manhá organizamos umha Festa para receber o novo ano. A Festa terá lugar no nosso Centro Social a partir da 1 da manhá durante toda a noite, e a entrada é de balde. Haverá várias sorpresas, amais de boa música, e a partir das 5 horas oferecemos chocolate quente a tod@s @s que se acheguem ao Centro Social.

Amais de todo isto o C.S. brinda o seu cenário para tod@s aqueles que queiram realizar umha breve actuaçom musical (en acústico), de humor, de baile, etc para dar-se a conhecer podem faze-lo da 1h em diante. O único requisito seria a utilizaçom do galego.

Desde a A.C. Almuinha animamos a todos/as aqueles/as que o desejem a que passem polo nosso centro social, e recebam com nós o novo ano.

Umha aperta.

A.C. Almuinha

Rua Ezequiel Massoni 63, res-do-chao

a.c.almuinha@gmail.com

www.acalmuinha.blogspot.com

Tlf: 677 049 789

dezembro 28, 2009

Documentais e Passagem de Ano no Centro Social


Esta semana imos projectar 2 documentais e um filme no nosso Centro Social a partir das 20:00 horas, e a entrada é de balde.
A segunda-feira (luns) dia 28 projectara-se o documental "Consume hasta morir". Este documental fala de como vivimos expostos a um constante bombardeio publicitário e num mundo onde o obxectivo de toda pessoa que se precie é o consumo desbocado. Se nom se tem necesidade, essa necessidade incluso se creia através da publicidade.
A terça-feira (martes) dia 29 projectara-se o documental "Línguas cruzadas". Este documental expom a realidade lingüística da nossa terra a través da conversa com multutide de rapaces de diferentes vilas do pais.
A quarta-feira (mércores) dia 30 projectara-se o filme "This is England", filme que trata do racismo e a xenofobia.
E o 31 festa da Passagem de Ano com boa música, bom ambiente e algumha que outra surpresa !!!! Vinde tod@as!!!

dezembro 23, 2009

Este sábado Apalpador e concerto no centro social






















O Apalpador, a figura tradicional do nadal galego, sairá este sábado 26 a partir das 17:30 da tarde polas rúas de Marín, acompañado dun grupo de pandereteiros e pandereteiras, para apalparlle a barriga os nenos e nenas, vendo que tal comeron este ano, haberá caramelos, cartas para escribirlle o apalpador pedindo agasallos, e debuxos do Apalpador para colorear.

A partir das 21H do mesmo sábado 26 e con entrada de balde a.c. Almuinha organiza un concerto o centro social situado na rúa Ezequiel Massoni nº 63 baixo, tocará o grupo local Maedi Visna. Do cal podedes saber máis non seu myspace: www.myspace.com/maedivisna

dezembro 19, 2009

Comunicado conjunto A.C. A Revira e A.C. Almuinha


Comunicado conjunto da A.C Almuinha e A.C Revira perante a inauguraçom dos dous centros sociais:
Da A.C Almuinha de Marím e da A.C Revira de Ponte Vedra vimos de anunciar os actos inaugurais dos nossos respectivos novos locais sociais para esta sexta 18 de dezembro.
No caso da Almuínha, depois de quase dous anos em activo e logo dum importante trabalho na área de Marím, decidimos por em andamento o que será a partir de agora o nosso local social, base principal para as nossas actividades. No tocante à Revira, este inverno cumprimos seis anos anunciando a inauguraçom do nosso novo centro social, com energias renovadas e um grupo de sócios/as completamente coesionados/as e com mais vontade de trabalho do que nunca.
Desde as duas associaçons lamentamos a coincidência das datas de apertura , sem dúbida produto da falha de comunicaçom e da actividade intensa que estivemos a desenvolver para termos prontos os nossos centros sociais nas datas mais acaídas, antes do periodo vacacional.
Malia esta circunstáncia, tanto desde a Almuinha como desde a Revira, cientes de formarmos parte de umha área geográfica e sociológica muito próxima , e partilhando objectivos a prol da defesa da nossa língua, do território, e, em fim, da soberania política do povo galego e por um novo sistema económico mais justo, queremos expressar o nosso reconhecimento mútuo e vontade de trabalho común em quantas iniciativas nos for possível.
As assembleias da A.C Revira e da A.C Almuinha, a 17 de decembro de 2009
-----
Comunicado conxunto da A.C Almuinha e A.C Revira perante a inauguración dos dous centros sociais
Da A.C Almuinha de Marín e da A.C Revira de Pontevedra vimos de anunciar os actos inaugurais dos nosos respectivos novos locais sociais para este venres 18 de Decembro.
No caso da Almuinha, despois de case dous anos en activo e logo dun importante traballo na área de Marín, decidimos por en marcha o que será a partir de agora o noso local social, base principal para as nosas actividades. No tocante á Revira, este inverno cumprimos seis anos anunciando a inauguración do noso novo centro social, con enerxías renovadas e un grupo de socios/as completamente coesionados/as e con máis ganas de traballo do que nunca.
Desde as dúas associacións lamentamos a coincidencia das datas de apertura , sen dúbida produto do fallo de comunicación e da actividade intensa que estivemos a desenvolver para termos prontos os nosos centros sociais nas datas máis acaídas, antes do periodo vacacional.
Malia esta circunstancia, tanto desde a Almuinha como desde a Revira, conscientes de formarmos parte de umha área xeográfica e sociolóxica moi próxima , e compartindo obxectivos a prol da defensa da nosa lingua, do territorio, e, en fin, da soberanía política do pobo galego e por un novo sistema económico máis xusto, queremos expresar o noso recoñecemento mutuo e ganas de traballo común en cantas iniciativas nos for posíbel.
As asembleas da A.C Revira e da A.C Almuinha, a 17 de decembro de 2009

dezembro 16, 2009

Inauguraçom do nosso Centro Social esta sexta 18


A A.C. Almuinha quere mediante estas liñas facer público que esta fin de semana inauguramos o noso Centro Social en Marín. A nosa asociación naceu hai case dous anos cuns claros propósitos, defender e potenciar a nosa lingua e cultura e dinamizar a vida cultural en Marín, mais o noso non é só un proxecto cultural, acreditamos nunha transformación social e en que outro mundo non só é posible senón que é necesario e con estas metas desenvolvemos diversas actividades entre as que podemos contar as festas da lingua, magosto, abertos de billarda, charlas, roteiros… Ao comezar a nosa andaina tamén nos púñamos como un obxectivo, aínda que non inmediato mais tampouco moi lonxano no tempo, chegar a ter un Centro Social onde poder desenvolver as nosas actividades e poder ofrecerlle aos veciños e veciñas de Marín un espazo en galego, ao mesmo tempo que conseguir ter un maior contacto coa sociedade, difícil de conseguir sen contar cun espazo físico proprio.

Despois de case un ano buscando o local máis axeitado para nós por fin o atopamos e estamos prontos para comezar a nosa nova andaina. Este novo camiño era un paso necesario non só para crecer como asociación, algo que agardamos, senón tamén para a sociedade marinense e galega en xeral, nestes momentos en que a nosa cultura e lingua están a ser atacadas non só por grupos galegófobos senón tamén polo actual goberno da Xunta, o noso labor é máis importante do que nunca para a sobrevivencia da nosa identidade.

Esta fin de semana iniciamos esta nova andaina, e con tal motivo temos varias actividades programadas. O venres día 18 de decembro a partir das 20:00 horas terá lugar unha charla co título "Centros Sociais na Galiza", na que intervirán representantes de varios centros sociais galegos, como son o C.S. Faísca (Vigo), C.S. Revolta (Vigo), Gentalha do Pichel (Compostela) e un representante da A.C. Almuinha. A continuación haberá unha pequena festa de inauguración con petiscos variados. O sábado día 19 de decembro continuamos as actividades cunha cea (Carne ao caldeiro), cuxo prezo é de 10 euros, e todas aquelas persoas que desexen asistir tan só teñen que comunicalo a través do noso correo electrónico (a.c.almuinha@gmail.com) ou por teléfono (677049789). Todas as actividades son abertas ao público, e terán lugar no Centro Social situado na rúa Ezequiel Massoni nº 63, baixo esquerda. Por último queremos convidar a todos aqueles que o desexen a achegarse ao Centro Social e participar das actividades.

Marín, a 14 de decembro de 2009

A.C. Almuinha
a.c.almuinha@gmail.com
www.acalmuinha.blogspot.com
Tlf: 677 049 789