A A.C. Almuinha solicita un Compromiso co Galego por parte dos xornais e
dos/as profesionais que traballan nestes medios, que permita acadar
unha maior presenza do galego nos xornais que recollen as novas de Marín.
Na A.C. Almuinha levamos todo este ano traballando en distintas campañas que teñen por obxecto a promoción do galego na nosa vila, co obxectivo de acadar avances na implantación social da nosa lingua. Primeiro levamos a cabo unha campaña dirixida a toda a sociedade co lema "Em galego todo é possível", que veu seguida por unha campaña para a galeguización dos nomes e restauración dos apelidos, e continuamos...
Debido á gran importancia dos medios de comunicación na sociedade actual decidimos facer un seguemento ao uso do galego nos xornais que recollen as novas de Marín (Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e La Voz de Galicia). Analisamos as páxinas de Marín de 18 xornais do pasado mes de agosto, correspondentes a datas diferentes e aos diferentes días da semana; concretamente analisamos 6 edicións de cada xornal:
- Faro de Vigo: xoves 08/08, luns 12/08, martes 13/08, mércores 21/08, venres 30/08 e sábado 31/08.
- La Voz: sábado 03/08, domingo 04/08, venres 09/08, mércores 14/08, martes 20/08 e xoves 29/08.
- Diario de Pontevedra: martes 06/08, mércores 07/08, venres 16/08, luns 19/08, xoves 22/08 e domingo 25/08.
Os resultados foron os seguintes:
- Do total de 18 xornais analisados, en 16 non hai nin unha soa nova en galego. Tan só en 2 xornais recóllense 2 novas en galego, en 2 días diferentes;
- Do total de 85 novas no conxunto dos 3 xornais tan só 2 foron en galego (2,35%);
- O Faro e La Voz non usan o galego nunca (0%);
- O Diario recolle 2 novas en galego de 28 novas en total (7,14% de novas en galego), mentres nos outros 4 días ningunha.
- As 2 novas en galego ocupan un espazo darredor do 15% en cada edición. No total dos 18 xornais, o espazo ocupado polas novas en galego sería practicamente do 0%.
Conclusión: A presenza do galego nos medios de comunicación escritos que tratan as novas de Marín é anecdótica, practicamente nula.
Desde a A.C. Almuinha consideramos que o uso do galego nos medios de comunicación escritos que recollen as novas de Marín é inaceitábel, polo que queremos facer un chamamento á reflexión. A proporción de novas en galego e castelán é completamente desproporcionada e inxusta coa nosa lingua, reproducindo a histórica discriminación á que foi submetida ao longo de séculos, e contribúe ao proceso de progresiva desgaleguización da nosa sociedade que continúa na actualidade.
Desde a A.C. Almuinha solicitamos un maior uso do galego nos medios de comunicación escritos que recollen as novas de Marín (Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e La Voz de Galicia). É importante tomar consciencia de que o futuro do galego pasa por ir gañando espazos nos diferentes ámbitos da nosa sociedade de cara a súa normalización plena, que ainda fica ben lonxe, e especialmente en sectores da importancia dos medios de comunicación escritos, que son lidos por milleiros de persoas cada día.
Os medios de comunicación xogan un papel dunha gran importancia na sociedade actual, polo que un pequeno “esforzo” que conleve un maior uso do galego nos xornais contribuiría indubidabelmente a unha mellora substancial da situación da nosa lingua e favorecería deste xeito á normalización da nosa lingua.
É por todo isto que solicitamos un Compromiso co Galego por parte dos xornais e dos/as profesionais que traballan nos mesmos, que permita acadar unha maior presenza do galego nestes medios que recollen as novas da nosa vila, propoñendo o incremento progresivo do uso do galego até acadar o 50% en novas e no espazo ocupado das mesmas no vindeiro verán de 2014.