O pasado sábado 18 de outubro tivo lugar en Moaña a segunda xornada da Super Liga Galega de Billarda na Conferencia Sur, tras a cal Agus (Almuinha) colocouse en cabeza na clasificación xeral individual, despois de conseguir o segundo posto no torneo.
Foi un torneo intenso no que se inscribiron 74 xogador@s, que se prolongou durante toda a tarde e rematou cando xa se estaba facendo de noite, tendo que recorrer finalmente á iluminación artificial para poder ver as billardas.
Agus foi o mellor da nosa equipa, conseguiu chegar á final, mágoa que perdeuna ante Rubén (Lideiras), nun día no que @s palanador@s da Almuinha non estiveron especialmente atinad@s. Foi un torneo tremendamente igualado, sendo boa mostra disto a tripla empate que se produciu entre 3 equipas, a Almuinha, Assembleia Aberta e Paquete Pinchas, ainda que no desempate o trofeo de mellor equipa voltou ir para os Paquete Pinchas.
Tras este torneo, Agus colócase no máis alto da clasificación xeral, iso si, empatado con Chupi (Paquete Pinchas), e entre @s 12 mellores palanador@s hai 5 da nosa equipa. Na clasificación por equipas continuamos en segunda posición, detrás dos Paquete Pinchas e por diante da Assembleia Aberta.
Agora toca preparar a vindeira cita, que será en Marín o 15 de novembro, organizada pola nosa asociación, e como xa dixo alguen… Pode chegar a arder!!!
Máis información: www.lnbsur.wordpress.com e www.ovaral.blogspot.com