Dende
o pasado 27 de Decembro, a A.C. Almuinha e todas as persoas que a
compoñemos estamos a agardar a chamada da Concellería de Cultura.
Levamos dende hai case cinco meses procurando información acerca das
subvencións culturais 2009. O pasado mes de marzo, coñecimos a
través da prensa que se decidira paralizar o expediente e non
convocar as axudas correspondentes aos anos 2010 e 2011.
Ante
isto, Almuinha solicitou no Rexistro do Concello que se retomase e
resolvese o expediente, que informasen acerca de onde se aplicou esa
partida orzamentaria e os criterios de adxudicación para as axudas
individuais.
Despois
de case un mes dende a última solicitude e encontrándonos novamente
sen resposta ou pronunciamento algún por parte dalgún membro do
goberno local, decidímonos a facer unha queixa formal ao Valedor do
Pobo.
Almuinha
leva realizando actividades culturais na nosa vila dende a súa
creación no 2008 e tan só un ano recibimos axuda algunha por parte
do Concello. ESIXIMOS SEXA TRAMITADO O EXPEDIENTE E SE RESOLVAN AS
SUBVENCIÓNS CORRESPONDENTES AO ANO 2009.
Sem comentários:
Enviar um comentário