O
vindeiro domingo 17 de abril ás 10:30h. a A.C. Almuinha organiza unha nova
andaina no marco do proxecto que bautizamos como "Coñecendo o noso entorno".
Nesta ocasión achegarémonos ao Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños,
entre os concellos de Marín e Pontevedra. A saída será desde a área recreativa
do Monte Pornedo (San Xulián-Marín).
Tras o Roteiro das Praias, o Roteiro do Monte Penizas e o Roteiro das Mámoas, nos que contamos cunha importante participación, esta será a cuarta andaina que organizamos coa intención de fomentar hábitos saudábeis e a práctica do deporte, o contacto coa natureza e o seu respecto, así como o coñecemento, a promoción e a posta en valor dos lugares de maior interese pres...entes no noso concello.
O roteiro conta con abundantes elementos de gran relevancia que fan que camiñar por esta zona sempre sexa un gran pracer. Na ruta atoparemos restos arqueolóxicos como petróglifos (entre outros o conxunto rupestre do Pornedo) e mámoas (a de Sete Camiños ou a do Catadoiro), así como un fermoso entorno natural e unhas espectaculares vistas da ría. Mais tamén nos achegaremos a alguna das lendas propias desta zona.
Nesta ocasión contaremos coa participación de Lukas Santiago, arqueólogo marinense e Presidente da Comunidade de Montes de Lourizán. Foi unha das persoas impulsoras do proxecto do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños, así como da posta en valor deste entorno privilexiado, e durante a andaina achegaranos información en relación co patrimonio desta zona, tanto no que se refire aos restos arqueolóxicos como ao patrimonio inmaterial, como por exemplo as lendas propias destes lugares.

Sem comentários:
Enviar um comentário