“O VALEDOR DO POBO DÁ A RAZÓN A ALMUINHA NA SÚA QUEIXA CONTRA
O CONCELLO DE MARÍN POLA PÉSIMA XESTIÓN DAS SUBVENCIÓNS CULTURAIS”
O pasado 3 de maio presentabamos
ao Valedor do Pobo a nosa queixa contra o Concello de Marín ante a súa negativa
a recibirnos e ofrecernos información
acerca das subvencións.
Onte, 27 de Xuño, a A.C.
Almuinha recibía o informe do Valedor do Pobo no que se transcribía
textualmente o informe remitido pola Alcaldesa, Maria Ramallo, no que recoñece
a situación denunciada (“falta de
notificación, negativa a recibir e informar, a paralización dunha axuda”)
xustificando que “tomou posesión ó 11.06.2011”, que como non se resolveu a
convocatoria 2009 “non xerou dereito económico algún” e que no 2012 convocou as
axudas.
Ante dito informe o Valedor do Pobo en funcións, José
Julio Fernández Rodríguez, recorda ao
Concello de Marín que ten obriga de:
INFORMAR ás asociacións sobre a paralización do expediente (“o feito de que
unha convocatoria non se resolva non exime ao órgano convocante de dirixirse as
persoas, físicas ou xurídicas, que concorreron a ela xustificando os motivos
polos que a convocatoria queda sen resolver”); XUSTIFICAR o problema orzamentario e cal foi o destino final dos fondos
asignados; CONTESTAR POR ESCRITO
a todas as solicitudes de información
(INCLUIDA Á DA A.C. ALMUINHA).
Ademais, engade “e deixando à marxe a responsabilidade dun
concreto equipo municial, O CERTO É QUE NIN O DERRADEIRO NIN O ACTUAL TEÑEN
OBSERVADO A NORMATIVA REGULADORA DOS DEREITOS DE PARTICIPACIÓN E INFORMACIÓN
DOS VECIÑOS PREVISTOS NA LEI”.
Neste senso, o Valedor remite ao Concello de Marín un
RECORDATORIO DOS SEUS DEREITOS LEGAIS e solicítalles unha resposta de
resolución.
Sentímonos satisfeitos porque
todo apunta a que pronto tamén teremos unha reunión persoal cos
responsables políticos onde intentaremos coñecer por que o Concello de Marín non resolve a convocatoria do ano 2009,
por que non se convocaron as de 2010 e
2011 e a que entidades se lles
concedeu axudas individuais e baixo
que criterio. E por outra banda,
esixir que, sendo coñecedores/as da situación de desamparo na que deixa a
paralización do expediente a moitas entidades coma a nosa, retomen o expediente e o resolvan.
Amais, a nosa maior satisfacción é que a nosa queixa
tamén valerá para que o resto de
asociacións reciban as comunicacións por escrito e na forma
correspondente. Un dereito
conquistado para todos/as.
Sem comentários:
Enviar um comentário