O pasado sábado tivo lugar o roteiro polo Rio da Fraga en Moaña, organizado pola A.C. A Ghudalla de Moaña e no que a A.C. Almuinha colaboraba. No mesmo participaron case unha vintena de persoas, que puideron gozar dun día en contacto coa natureza, guiados por un membro do Colectivo Ecoloxista Luita Verde, que foi amenizando o camiño con explicacións sobre a flora e a fauna da zona, así como sobre os usos do chan. Amais, os/as participantes puideron ver en funcionamento un dos moitos muíños que hai polo curso do río, e seguir as explicacións que sobre o seu funcionamento e uso daba unha señora residente da zona. O día rematou cunha cea no Complexo O Beque, que rematou ben entrada a noite.
Sem comentários:
Enviar um comentário