setembro 17, 2008

Procuramos palanadores/as para a nosa equipa


Xa pasou o verán e con el vaise a calor, a praia e os días longos. Mais non vos apenar, porque coa chegada do outono e dos días frios e curtos tamén chega a Liga Nacional de Billarda.
A primeira parada da Liga será o vindeiro día 27 de setembro no Porriño, alí poderase comprobar a evolución deste deporte tradicional galego en canto ao número de participantes e ao nivel d@s mesm@s, despois dun verán ateigado de abertos ao longo e ancho do país.
Como non podía ser doutra forma, a A.C. Almuiña participará nesta liga cunha equipa propia, na cal animamos a xogar a calquera persoa interesada. A billarda non entende nin de idades nin de sexo, así que non hai exusa posíbel.

Sumádevos á revolución, facede parte da nosa equipa.

1 comentário:

Anónimo disse...

Almuinha estivo enorme no averto do porrinho, parabens. En Moanha tentaremos estar a vosa Altura.