julho 27, 2008

Éxito da I Romaria da Pátria 2008






Con máis de 30 persoas que reservaran un xantar para o final do Roteiro e a participación de numerosos marinenses de tódalas idades no Roteiro polo precioso contorno natural de Marín, ollamos outra vez máis como o Día da Patria pode ser celebrado en cada unha das comarcas do país para alén dos actos nacionais centralizados en Compostela.
Adiantamos un par de fotos do Roteiro no que fomos testemuñas do abandono do patrimonio histórico e arqueolóxico por parte das institucións, nomeadamente do importante asentamento pre-histórico coñecido como o Castro da Subidá, onde anchos muros das casas circulares aínda resisten entre a vexetación tras séculos e séculos de abandono. A carencia de respeito polo patrimonio dos nosos avós é incríbel ante os ollos de calquera persoa cunha mínina sensibilidade cultural.

Sem comentários: