março 29, 2008

Constituición da A. C. Almuinha


O pasado día 21 de febreiro tivo lugar na Biblioteca Municipal de Marín a asemblea constitutiva da A.C. Almuinha, que toma o nome en lembranza da fermosa praia que existía onde hoxe está o porto e a alameda de Marín. A asemblea contou coa asistencia e participación dunha trintena de persoas, onde todos/as manifestamos as nosas opinións e inquedanzas, amosando que a constitución desta nova entidade resposta a unha necesidade na nosa vila. A asociación nace coa vontade de ser un instrumento plural e aberto para a defensa e promoción da lingua e da cultura galegas, así como tamén para a actuación e intervención en diferentes temáticas e ámbitos sociais, como a procura da igualdade plena de todas as persoas, o fomento de valores solidarios e de igualdade entre povos, a defensa e protección do medio ambiente, a defensa dos intereses da nosa vila…, todo isto enmarcado desde unha perspectiva de país.

1 comentário:

Anónimo disse...

Imos estrear estrear isto do blog...
Pois nada teño pouco que dicir. Gustame, pareceme unha boa idea.

Por certo non grabara ben o numero de Jurjo e non vos puiden chamar para cear con vos. Mirei por todas partes a ver si vos atopaba pero nada... para a próxima

saudos
dani