outubro 28, 2011

Revanchismo e Jaime Janer


Nas últimas semanas estamos a receber o embate dunha parte da sociedade marinense que se resiste a aceitar a normalidade democrática e a mudanza de rexime xá hai mais de 30 anos. E como consecuéncia da chegada ao poder do Partido Popular ao Concello de Marin achan a Rua Rosalia de Castro xá pasou tempo de mais sen o nome de un militar.

Non queremos entrar se Marin deve ou non agradecer a trazida da Escola Naval Militar a esta personaxe, importa-nos mais a actitude de revanchismo político con a que algun dos nosos viciños viven a sua participación nos asuntos públicos. Desde o noso ponto de vista a eliminación do nome de un militar pré-constitucional do noso rueiro local é algo do que a nosa sociedade deve orgullar-se, por iso saímos na defesa da nomenclatura actual da Rua Rosalia de Castro, e lamentamos profundamente que certos axitadores procuren o escudo do Concello en maos do Partido Popular para a voltar aos tempos de antes.

Que o Concello volte à anterior denominación, só vai significar o resurximento do espírito do bando nacional durante a Guerra Civil, que na nosa comarca tanto sofremos, con cuadrillas de delincuentes comuns misturadas con funcionários públicos fazendo mal a quen simplesmente pensava diferente.

Por iso exiximos ao Concello de Marin que sexa capaz de manter o nome da nosa rua e non caia refén dos nostálxicos que pretenden que todo sexa igual a como era durante a sua infáncia. Afortunadamente a nosa sociedade mudou, esperemos portanto que o revanchismo como forma de fazer política non apareza na cena política marinense nunca mais.

Marim a 28 de Outubro de 2011

1 comentário:

Anónimo disse...

Ola,

Eu concordo con manter unha rúa co nome de Rosalía de Castro (sorpréndeme que non houbera xa en Marín). Mais tamén é xusto lembrar que Janer non era militar "franquista", pois morrera anos antes mesmo da chegada da República.

Janer non fixo nada por traer a escola naval a Marín, o único que fixo foi dar o seu nome (a título póstumo) ao polígono de tiro que existiu no mesmo lugar onde se ergueu a escola naval anos despois.