junho 22, 2008

CURSO DE PANDEIRETA E CANTO TRADICIONAL

O vindeiro día 18 de xuño dará comezo un curso organizado pola nosa asociación de Iniciación á Pandeireta e Canto Tradicional Galego. O curso impartiráse tódolos mércores en horario de 20:30 a 22:00 na Casa da Cultura de Mogor, e será impartido por Xandre Outeiro, membro do Tear de Llerena, que conta con ampla experiencia na recolleita e difusión da música tradicional galega.Os obxectivos do curso son, entre outros:- Aprender a execución e técnica da pandeireta.- Aprender canto tradicional galego, como complemento indispensábel da pandeireta como instrumento musical.- Coñecer estilos de interpretación na pandeireta e no canto, segundo a xeografia e sociedades, dando lugar ao que hoxe coñecemos como "Música tradicional galega".As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 647062399 e 666145209 ou ben no correo electrónico da asociación “a.c.almuinha@gmail.com”.

O MORRAÇO NOM SE VENDE


Nas últimas semanas constituiu-se umha coordenadora de associaçons do Morraço preocupadas polo meio ambiente. Esta rede adoptou o nome de O MORRAÇO NOM SE VENDE e na mesma participa a nossa associaçom, amais de outras coma o Colectivo Nacionalista de Marim, Luita Verde, Anduxía, o Foro Social de Cangas, ou o colectivo de afectados/as pola variante de Marim, entre outros.





Vemos como o nosso território, a nossa natureza é objeto de troco no mercado selvagem do curto-pracismo, da percura do lucro monetário por acima de qualquer outra consideraçom e serve de matéria primeira na "indústria de monocultivo" que se nos quer vender aos galegos como única soluçom aos nosso probelmas económicos e que nom é outra que o turismo de estaçom de desenho mediterrâneo que nom respeita nem o nosso meio natural, nem as formas e modos de produçom autôctones, nem um crescimento sustentável, nem a exploraçom racional dos recusrsos naturais, nem a nossa língua e culturas.

ESIXIMOS A RECTIFICACIÓN DA DECISIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO I.E.S.

Desde a A.C. Almuinha queremos manifestar o noso profundo desacordo en relación coa decisión tomada polo Consello Escolar do I.E.S. Salvador Moreno de mudar o actual nome do Instituto por “Illa de Tambo”.
Desde a nosa asociación manifestamos o noso posicionamento favorábel á mudanza do nome do Instituto e propuxemos o nome de “Blanco Freijeiro”, un marinense de recoñecido prestixio, uníndo-nos así a diferentes sectores e entidades que defendían a adopción deste nome para o instituto da nosa vila. Mais nom tiña por que ser este, xa que consideramos que había outras posibilidades vencelladas con Marín igualmente aceitábeis.
É por isto que nos sumamos ao unánime sentir, non tan só das asociacións e entidades marinenses, senón tamén de toda a poboación de Marín. É unha decisión incompresíbel, que conseguiu poñer de acordo a entidades, colectivos e persoas de moi diverso signo, polo que solicitamos sexa reconsiderada a decisión.
Reiteramos que nós propuxemos un nome, mais aceitamos calquera outro nome que teña unha mínima relación con Marín, como así se solicitaba cando se abriu o prazo e se solicitou a colaboración na apresentación de propostas.
Así, unha decena de asociacións da nosa vila enviamos un escrito á Delegación Provincial de Educación, solicitando a paralización do procedemento de mudanza do nome do I.E.S., ao tempo que a nosa asociación enviou outro escrito ao Consello escolar do I.E.S. para pedirlles que reconsideren a decisión tomada.

junho 15, 2008

Miles de pessoas na marcha 2008 contra celuloses


Um ano mais, e apenas um mês e meio depois da manifestaçom celevrada em Ponte Vedra contra a concessom da Autorizaçom Ambiental Integrada (AAI) ao complexo ENCE-ELNOSA, voltamos sair à rua, desta volta na tradicional Marcha, que ano tras ano vem convocando a APDR.

A Marcha deste ano transcorre no marco da recente concessom da AAI ao complexo ENCE-ELNOSA, sem que cumpra os requisitos fixados pola lei, o qual supom que, quando menos, o complexo industrial permanecerá na nossa ria 3 anos mais.

Tras as promesas eleitorais no passado proceso eleitoral galego por parte dos partidos que hoje formam o governo galego, nas que aseguravam que ENCE-ELNOSA tinha os dias contados na nossa ria, passamos as declaraçons dubitativas, contradictorias e pouco claras desde a Conselharia de Meio Ambiente. Declaraçons que se converterom em factos na linha contraria da marcha do complexo industrial da sua ubicaçom actual em Lourizám, como é a concessom da AAI, factos que estám a provocar desconfiança e incredulidade em quanto aos plans da Xunta para o futuro do complexo industrial e da ria.

Ante estes acontecementos, é preciso que a cidadania dos concelhos da ria saia a rua a manifestar o rejeitamento à permanência deste complexo na ubicaçom actual. Hai que amosar-lhe ao Governo galego, que nos últimos tempos parece mais preocupado em nom molestar aos interesses empresariais que em satisfazer as xustas reivindicaçons da maioría social que deseja que este complexo saia da ria quanto antes, assim como ao complexo ENCE-ELNOSA, que nom queremos estas empresas aqui e que nom estamos dispost@s a que se lhe dea a mais mínima esperança de que podem permanecer no futuro neste empraçamento que já sofreu de abondo os prexuizos ocasionados pola sua actividade.

Desde a A.C. Almuinha exigimos o feche inmediato da factoria, e fazemos um chamamento à mobilizaçom permanente de cara a conseguir o seu desmantelamento.