maio 20, 2008

Éxito da I Festa da Língua de Marin !!!






O pasado sábado día 17 de maio tivo lugar en Marín a I Festa da Lingua, organizada pola nosa asociación con motivo do Día das Letras.Desde as 11:00 da mañá sucedéronse as actuacións na alameda e nas rúas de Marín. O grupo Sachadiço percorreu as rúas da nosa vila nun pasarrúas, mentres na alameda comezaban a tocar os/as alumnos/as da Escola de Música Tradicional Tear de Llerena. Cando o grupo Sachadiço chegou a alameda, a E.M.T. Tear de Llerena tamén percorreu diferentes prazas de Marín.A continuación repartíronse máis de 50 libros, actividade que foi apresentada pola Responsável Nacional do Movimento de Defesa da Lingua (M.D.L.). Logo continuou a Festa coa actuación do grupo de teatro de Ourense, As Esmorganas, e por último os contacontos Codia e Miolo, que entretiveron aos/às nenos/as, e non tan nenos/as.Antes de rematar a Festa na alameda, por onde pasaron ducias de persoas ao longo de toda a mañá, o grupo Sachadiço voltou tocar un par de pezas, para acto seguido ir comer.O xantar, que reuniu a unhas 75 persoas, tivo lugar no pavillón do Sequelo, e non na praza da Veiguiña como estaba previsto, debido á incertidume provocada polas previsións metereolóxicas.Foi, en fin, unha longa xornada festiva e reivindicativa, que rematou ben avanzada a tarde, e que superou as expectativas máis optimistas.Por último, queremos agradecer a tódalas persoas que colaboraron a que esta Festa fose realidade, aos/ás sócios/as, aos colaboradores/as, aos establecementos e entidades que colaboraron con publicidades, ao concello de Marín pola autorización para celebrar o xantar no pavillón, ao M.D.L., e especialmente aos grupos que actuaron ao longo de toda a mañá. Sen toda esta axuda, esta Festa non podería terse levado a cabo.

maio 13, 2008

ACTOS DAS LETRAS DA GALIZA EM MARIM

Por primeira vez em Marim, uma jovem associaçom cultural claramente identificada com os desígnios da nosso pais tem encetado uma tarefa humilde mas com clara vontade de continuidade para ver de recuperar a normalidade da nossa cultura no nosso próprio território nacional.




O dia 15 de maio às 20:15 organizamos umha charla na Biblioteca Municipal de Marim com o título: “A situaçom actual da lingua”. Intervirám Elvira Riveiro Tobío (poeta, mestra e membro das Redes Escarlata): Publicou nos livros colectivos Sempre Mar. Cultura contra a Burla Negra, Os gozos e as sombras. 10+10 novas visións e Das sonorosas cordas. 15 poetas desde Galicia. Obtivo o primeiro prémio no certame Rosalía de Castro de Cornellà (Barcelona) em 2003 e umha mençom especial no Faustino Rey Romero (Rianxo) no 2004; e Henrique Egea Lapina (professor e membro do Movimento de Defesa da Lingua-MDL): Sempre vinculado a associaçons de defesa da língua, foi membro fundador de Ene Agá, Assembleia Reintegracionista de Ponte-Vedra.

O próprio dia 17 de maio organizamos a I Festa da Lingua na Alameda de Marim e na praça da Veiguinha. Na Alameda, a partir das 11:00, contaremos com distintas actuaçons, a cárrego da Escola de Música Tradicional O Tear de Llerena (música tradicional - Ponte Vedra), Sachadiço (música tradicional – Cangas), As Esmorganas (teatro – Ourense), e Codia e Miolo (contacontos – O Morraço). Amais de todo isto, repartiremos arredor de ums 50 livros viageiros em galego e portugués. A ideia desta actividade, conhecida como bookcrossing é libertar livros em lugares públicos para que a gente os colha e os leia, escreba os seus comentários numha web indicada no próprio livro, para a continuaçom solta-lo outra vez, com a finalidade de que circule e assim mais pessoas poidam le-lo e compartir as suas opinions. Esta última actividade realizara-se em colaboraçom com o Movimento de Defesa da Lingua – MDL.

Às 14:00 da tarde terá lugar um jantar popular na praça da Veiguinha, o preço é de 12 euros. O praço para confirmar a assistência remata o dia 15.


E às 17:00, umha vez rematado o jantar, terá lugar a LK session, onde haverá música, teatro… continuando com a Festa.

E já o dia 18 de maio participaremos na manifestaçom convocada em Compostela em defesa da nossa lingua.

Vémo-nos lá !