setembro 17, 2008

Procuramos palanadores/as para a nosa equipa


Xa pasou o verán e con el vaise a calor, a praia e os días longos. Mais non vos apenar, porque coa chegada do outono e dos días frios e curtos tamén chega a Liga Nacional de Billarda.
A primeira parada da Liga será o vindeiro día 27 de setembro no Porriño, alí poderase comprobar a evolución deste deporte tradicional galego en canto ao número de participantes e ao nivel d@s mesm@s, despois dun verán ateigado de abertos ao longo e ancho do país.
Como non podía ser doutra forma, a A.C. Almuiña participará nesta liga cunha equipa propia, na cal animamos a xogar a calquera persoa interesada. A billarda non entende nin de idades nin de sexo, así que non hai exusa posíbel.

Sumádevos á revolución, facede parte da nosa equipa.

setembro 11, 2008

I ABERTO DE BILLARDA DE SALVATERRA







Nesta pasada fin de semana tivo lugar outro Aberto, desta volta no marco do Festival da Poesía de Salvaterra. Até ali acodeu unha representación da A.C. Almuinha con 4 participantes (Agus, Cristian, Anxela e Jurjo), onde se mediron a palanador@s chegados desde Porriño, Mos, Redondela, Moaña, Ourense, Vigo, A Coruña…

En total 32 xogadores participaron neste Aberto, que se prolongou durante unhas 2 horas, e no cal puido verse un gran nivel. Nesta ocasión, o noso mellor representante foi Jurjo, que caeu en cuartos de final ante o que finalmente sería subcampión do Aberto.

Súmate á revolución billardeira. Anímate e apúntate na nosa equipa!

Mais información:
www.ovaral.blogspot.com"

setembro 05, 2008

CONTINUAMOS COM A PREPARAÇOM PARA A LIGA NACIONAL DE BILHARDA




Nas últimas datas @s palanador@s da equipa de bilharda da nossa associaçom estiverom participando em diferentes abertos polo pais adiante para ir preparando a Liga Nacional. Amais do já mencionado I Aberto de Sam Joám de Rio, nas últimas semanas houvo mais competiçons.

O 16 de agosto a LNB desembarcou em Ginço da Limia para levar adiante o I Aberto da Pataca coincidindo com o III Festival da Mocidade organizado polo Centro Social Aguilhoar. Nel participarom 4 membros da equipa de bilharda (Alberte, Anxela, Agus e Diana), conseguindo Alberte a victória, mentres Agus caia em semifinais.

O seguinte aberto no que participarom @s noss@s palanador@s foi o 30 de agosto, no I Aberto de Ponte Areias organizado pola LNB em colaboraçom com o Centro Social Baiuca Vermelha. Aqui a competência foi mais dura e Agus, o nosso representante no Aberto, nom puido passar de quartos.

Continuamos, pois, preparando-nos para o começo da Liga, que terá lugar o vindeiro dia 27 de setembro em O Porrinho.

Aníma-te e úne-te à nossa equipa de bilharda.