maio 20, 2008

Éxito da I Festa da Língua de Marin !!!






O pasado sábado día 17 de maio tivo lugar en Marín a I Festa da Lingua, organizada pola nosa asociación con motivo do Día das Letras.Desde as 11:00 da mañá sucedéronse as actuacións na alameda e nas rúas de Marín. O grupo Sachadiço percorreu as rúas da nosa vila nun pasarrúas, mentres na alameda comezaban a tocar os/as alumnos/as da Escola de Música Tradicional Tear de Llerena. Cando o grupo Sachadiço chegou a alameda, a E.M.T. Tear de Llerena tamén percorreu diferentes prazas de Marín.A continuación repartíronse máis de 50 libros, actividade que foi apresentada pola Responsável Nacional do Movimento de Defesa da Lingua (M.D.L.). Logo continuou a Festa coa actuación do grupo de teatro de Ourense, As Esmorganas, e por último os contacontos Codia e Miolo, que entretiveron aos/às nenos/as, e non tan nenos/as.Antes de rematar a Festa na alameda, por onde pasaron ducias de persoas ao longo de toda a mañá, o grupo Sachadiço voltou tocar un par de pezas, para acto seguido ir comer.O xantar, que reuniu a unhas 75 persoas, tivo lugar no pavillón do Sequelo, e non na praza da Veiguiña como estaba previsto, debido á incertidume provocada polas previsións metereolóxicas.Foi, en fin, unha longa xornada festiva e reivindicativa, que rematou ben avanzada a tarde, e que superou as expectativas máis optimistas.Por último, queremos agradecer a tódalas persoas que colaboraron a que esta Festa fose realidade, aos/ás sócios/as, aos colaboradores/as, aos establecementos e entidades que colaboraron con publicidades, ao concello de Marín pola autorización para celebrar o xantar no pavillón, ao M.D.L., e especialmente aos grupos que actuaron ao longo de toda a mañá. Sen toda esta axuda, esta Festa non podería terse levado a cabo.

Sem comentários: