dezembro 08, 2008

SAÍDA AO CASTRO: APARECE UN NOVO PETROGLIFO


Malia as condicións metreolóxicas (peores imposíbel), algo máis dunha quincena de persoas subimos ao Castro da Subidá. Durante o percorrido e no próprio castro contamos coas explicacións do historiador e arqueólogo marinense Álvaro Arizaga Castro, en relación ao património arqueolóxico da nosa vila. Durante a preparación desta saída foi atopado un petroglifo nunha pedra non moi grande, que ficou visíbel despois de que por unhas obras nunha casa próxima se removese un pequeno espazo de terra na zona do castro. Descoñecemos se a existencia deste petroglifo é coñecida pola Dirección Provincial de Património ou pola Concellería de Cultura do Concello de Marín (pensamos que non, posto que deste petroglifo non hai constancia documentada), mas xa enviamos un escrito ás mesmas, para que adopten as medidas necesarias para a súa protección, posto que a pedra que o contén non é excesivamente grande, e podería ser movida por varias persoas.

1 comentário:

Anónimo disse...

Boa actividade. A seguir assim !