Esta pasada fin de semana tivo lugar en Ponte Areas a 4ª xornada da Liga Nacional de Billarda (LNB). Á cita acudiron 56 xogadores, e no que se demostrou que o nivel e a competencia medran xornada a xornada. Desta volta saltou a sorpresa na final, na que o líder da clasificación xeral Chupi foi derrotado por Pinto, do Faísca de Vigo, que tamén se levaron o trofeo de mellor equipa do torneo.
Foi unha xornada na que Agus (Almuinha) conseguiu manter o segundo posto na clasificación xeral, malia que non fixo o seu mellor torneo, e a Almuinha manter o segundo posto na clasificación xeral por equipas, aínda que xa cun só punto de vantaxe sobre a equipa do Faísca, que ven apretando forte, e xa desbancou a equipa da Assembleia Aberta de Ponte Areas do terceiro posto. A vindeira cita será en Vigo o 10 de xaneiro, organizada pola equipa do Faísca.
Adiante coa revolución billardeira!

Sem comentários:
Enviar um comentário