Este sábado 16 de maio tivo lugar a II Festa da Lingua en Marín. Foi unha Festa marcada polo mal tempo, que provocou que as actividades de todo o día, que estaba previsto tivesen lugar na praza da Veiguiña e o pavillón do Sequelo fosen trasladadas ao pavillón da Cañota.
A partir das 12:30 actuaron o Tear de Llerena, Fentos e Froumas e Nilson cunha actividade de globoflexia. Amais das actuacións repartíronse os libros viaxeiros. Xa as 14:30 tivo lugar o xantar, que este ano reuniu a algo máis de 40 persoas, e que rematou ben entrada a tarde xusto cando as billardas comezaban a soar no pavillón.
No aberto de billarda inscribironse preto dunha trintena de persoas. Os campións foron agasallados con libros cedidos polo xornal Novas da Galiza. Ao remate do campeonato de billarda comezou o Serán, que contou con a presenza de varios grupos de pandereteir@s de Marín, Cela, Pontevedra, A Lama…
A pesar do mal tempo e o cambio de ubicación das actividades, dende Almuinha estamos contentos/as coa participación e asistencia dos e das marinenses nos distintos actos levados a cabo ao longo de todo o día.
Agradecemos-vos a todas e todos os que participastedes na organizaçom, às associaçons, aos grupos e pessoas que actuarom, aos companheiros da Liga Nacional de Bilharda sempre generosos e dispostos a botar umha mao alí onde faga falha, às entidades que patrocinarom os actos com a sua publicidade no cartaz e ao Concelho de Marim, à Gentalha de Compostela e à Amizade, Nova da Galiza e M.D.L. polo material cultural emprestado e a todas e todos os que nos acompanhachedes assitindo às actuaçons ou á comida.
Umha aperta a todas e todos.
Sem comentários:
Enviar um comentário