fevereiro 15, 2009

REIVINDICACIÓN DIANTE DO CONCELLO


Coincidindo co pleno que tivo lugar o pasado venres 13 de febreiro, e malia a prohibición do Alcalde, a A.C. Almuinha levou a cabo un acto de protesta diante do Concello de Marín. Durante máis de 1 hora permanecimos ás portas do Concello denunciando cunha faixa e panfletos o recurte de liberdades e reivindicando a liberdade de expresión, con motivo da multa imposta por colar cartazes na rúa. Ademais, levamos un peto (porquiño) para que a xente que o desexou puidese colaborar coa Almuinha a reunir os 100 euros da multa.

NON A ARBITRARIEDADE DO CONCELLO!!!

NON AO RECURTE DE LIBERDADES!!!

LIBERDADE DE EXPRESIÓN!!!

Sem comentários: