janeiro 06, 2014
dezembro 29, 2013
O APALPADOR VOLTA A MARIM!
Desde a A.C. Almuinha vimos convidando ao Apalpador nos últimos anos a
nossa vila, e este ano nom será menos, polo que por quinto ano esta
figura tradicional galega própria destas datas percorrerá as rúas de
Marim.
O Apalpador percorrerá as rúas de Marim, acompanhado de
vári@s ajudantes miúdinh@s e de músicos, o último dia do ano, 31 de
dezembro a partir das 17:00 horas,
achegándo-se aos parques infantís, pra apalpar as barrigas dos cativos,
vendo que tal comerom ao longo do ano, e repartindo caramelos.
A continuaçom visitará a Feira de Artesania, que este ano terá lugar na Alameda Rosalia de Castro, onde a partir das 18:00 horas organizamos umha pequena obra de monicreques relacionada com a figura do Apalpador.

novembro 29, 2013
O “CIRCO” DAS SUBVENCIÓNS CULTURAIS
Cando a Sra. Alcaldesa chegou no ano 2.011, manifestou que “ela non tiña responsabilidade algunha do que fixera o goberno anterior e que as axudas do 2.009 quedaban “finiquitadas” (non chegaron a resolverse porque xa non se dispoñían dos cartos orzamentados a tal partida) e no 2.010 e 2.011 deran axudas para actividades concretas “de ti a ti”, (descoñecemos cal é o procedemento para optar a elas e a ausente concelleira de cultura négase a recibirnos para explicárnolo, tras solicitar en repetidas ocasións unha reunión por tódolos medios: rexistro, teléfono, correo electrónico...).
En marzo de 2.012, o BOP publica unha convocatoria de axudas para ese ano. Un ano despois, 2.013, chega a resolución (xa sen entrar a valorar a subxectividade da mesma, que leva entre outras cousas a que a Almuinha se lle puntúe con 3 puntos sobre 5 no uso do galego, cando como todo o mundo sabe que é a lingua que empregamos no 100% de actividades e comunicacións), e case no 2.014 Almuinha segue a agardar polas axudas xa concedidas do ano 2.012.
Agora vimos de saber que o Concello esgotou o orzamento de 2.013, polo que, terá que tirar do orzamento de 2.014 para aboar as xa resoltas subvencións do 2.012. O que supón que xa non convocará subvencións no 2.013 e sospeitamos que tampouco no 2.014.
Almuinha, ben porque as axudas do 2009 non se resolveron, as de 2010 e 2011 non se convocaron, as de 2012 “valen” por 2012-2013-2014, e que descoñecemos cal é o procedemento para optar á concesión de axudas para actividades concretas, que son concedidas “de ti a ti” (depende da vontade da concelleira de cultura?), NON RECIBIU AXUDA ALGUNHA DENDE O ANO 2.008. E podemos afirmar, sen temor a equivocarnos, que somos a única entidade cultural do Concello de Marín que non recibe ningún tipo de axuda do noso Concello nos últimos anos.
É lamentable... As asociacións temos que facer mil e unha para facer actividades, poñendo cartos dos nosos petos e investindo o noso tempo libre. Non queremos gañar cartos, queremos poder promover a nosa e lingua e cultura ofrecendo máis e mellores actividades dirixidas a todas e todos.
ESIXIMOS QUE:
-ACABE O “CIRCO DAS SUBVENCIÓNS”. XESTIÓN EFICAZ XA!
-ABONEN AS SUBVENCIÓNS DO ANO 2.012.
-DEFINAN “PUBLICAMENTE” CAL É O PROCEDEMENTO PARA O ACESSO ÁS AXUDAS PARA ACTIVIDADES CONCRETAS.

novembro 20, 2013
outubro 30, 2013
Roteiro: Castro da Subidá e Petróglifos de Mogor
A A.C. Almuinha organiza um Roteiro polo Castro da Subidá e Petróglifos de Mogor este Domingo 10 de Novembro, que partirá às 10:30h. da Alameda Rosalía de Castro de Marim, e estará guiado polo arqueólogo e historiador marinense Álvaro Arizaga.
Visitaremos 2 dos lugares de maior importancia patrimonial do nosso Concelho, como som o Castro da Subidá e os Petróglifos de Mogor. Nestes sitios contaremos com pequenas charlas de Álvaro Arizaga, que nos contará como vivíam as pessoas que ocupavam os Castros e as que realizavam os Petroglifos.

É um Roteiro doado, de 2:30h. aproximadamente, de grande interesse, e para as pessoas que nom queiram fazer todo o caminho ponhemos as horas aproximadas polas que passaremos polo Castro (11:00h.) e os Petróglifos (12:00h.) para que poidam achegar-se a estes pontos e assistir às pequenas charlas, mas moi interesantes, de Álvaro Arizaga. Às 13:00h. está prevista a chegada à Alameda de Marim.
Com esta actividade queremos continuar difundindo o nosso património, ao tempo que gozamos da nossa paisagem e do nosso entorno natural, polo que queremos animar a todos/as os/as marinenses a que participem desta Saída, que se acheguem a conhecer a riqueza do nosso patrimonio.

Galiza pola Soberania
Desde a A.C. Almuinha queremos animar às pessoas sócias, simpatizantes e amig@s da nossa entidade a apoiar expresamente a iniciativa "Galiza pola Soberania", assinando o Manifesto (http://galizapolasoberania.org/asina-o-manifesto/) - (http://galizapolasoberania.org/blog/2013/08/04/manifesto/).
outubro 16, 2013
Brincando com as crianças em alemám
As asociacións culturais Revira e Almuinha organizan durante o mes de novembro un taller de alemán para crianzas co título "Xogando cas crianzas en alemán". O obxetivo desta actividade é dar a coñecer o idioma alemán desde o galego dunha maneira lúdica e informal a través da canción e do xogo. Esta virá a desenvolverse todos os mércores e venres de 17:00 a 18:00 no local social da Asociación Cultural Revira na rúa Gonzalo Gallas Nº4 e será impartido por unha monitora de tempo libre titulada en alemán pola Escola Oficial de Idiomas de Pontevedra. Traballaremos cun grupo dun máximo de 10 nenos mas adiantamos que se a demanda fose superior abriremos o mes de Decembro para darlle continuidade. A idade recomendada para participar é de 5 anos e o prezo será de 25€ por alumno o més.
As familias poden inscribir as pequenas desde xa contactando nos correios centrosocial@revira.org ou a.c.almuinha@gmail.com
outubro 12, 2013
outubro 11, 2013
outubro 04, 2013
setembro 24, 2013
As nossas novas em galego queremos ler

Na A.C. Almuinha levamos todo este ano traballando en distintas campañas que teñen por obxecto a promoción do galego na nosa vila, co obxectivo de acadar avances na implantación social da nosa lingua. Primeiro levamos a cabo unha campaña dirixida a toda a sociedade co lema "Em galego todo é possível", que veu seguida por unha campaña para a galeguización dos nomes e restauración dos apelidos, e continuamos...
Debido á gran importancia dos medios de comunicación na sociedade actual decidimos facer un seguemento ao uso do galego nos xornais que recollen as novas de Marín (Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e La Voz de Galicia). Analisamos as páxinas de Marín de 18 xornais do pasado mes de agosto, correspondentes a datas diferentes e aos diferentes días da semana; concretamente analisamos 6 edicións de cada xornal:
- Faro de Vigo: xoves 08/08, luns 12/08, martes 13/08, mércores 21/08, venres 30/08 e sábado 31/08.
- La Voz: sábado 03/08, domingo 04/08, venres 09/08, mércores 14/08, martes 20/08 e xoves 29/08.
- Diario de Pontevedra: martes 06/08, mércores 07/08, venres 16/08, luns 19/08, xoves 22/08 e domingo 25/08.
Os resultados foron os seguintes:
- Do total de 18 xornais analisados, en 16 non hai nin unha soa nova en galego. Tan só en 2 xornais recóllense 2 novas en galego, en 2 días diferentes;
- Do total de 85 novas no conxunto dos 3 xornais tan só 2 foron en galego (2,35%);
- O Faro e La Voz non usan o galego nunca (0%);
- O Diario recolle 2 novas en galego de 28 novas en total (7,14% de novas en galego), mentres nos outros 4 días ningunha.
- As 2 novas en galego ocupan un espazo darredor do 15% en cada edición. No total dos 18 xornais, o espazo ocupado polas novas en galego sería practicamente do 0%.
Conclusión: A presenza do galego nos medios de comunicación escritos que tratan as novas de Marín é anecdótica, practicamente nula.
Desde a A.C. Almuinha consideramos que o uso do galego nos medios de comunicación escritos que recollen as novas de Marín é inaceitábel, polo que queremos facer un chamamento á reflexión. A proporción de novas en galego e castelán é completamente desproporcionada e inxusta coa nosa lingua, reproducindo a histórica discriminación á que foi submetida ao longo de séculos, e contribúe ao proceso de progresiva desgaleguización da nosa sociedade que continúa na actualidade.
Desde a A.C. Almuinha solicitamos un maior uso do galego nos medios de comunicación escritos que recollen as novas de Marín (Diario de Pontevedra, Faro de Vigo e La Voz de Galicia). É importante tomar consciencia de que o futuro do galego pasa por ir gañando espazos nos diferentes ámbitos da nosa sociedade de cara a súa normalización plena, que ainda fica ben lonxe, e especialmente en sectores da importancia dos medios de comunicación escritos, que son lidos por milleiros de persoas cada día.
Os medios de comunicación xogan un papel dunha gran importancia na sociedade actual, polo que un pequeno “esforzo” que conleve un maior uso do galego nos xornais contribuiría indubidabelmente a unha mellora substancial da situación da nosa lingua e favorecería deste xeito á normalización da nosa lingua.
É por todo isto que solicitamos un Compromiso co Galego por parte dos xornais e dos/as profesionais que traballan nos mesmos, que permita acadar unha maior presenza do galego nestes medios que recollen as novas da nosa vila, propoñendo o incremento progresivo do uso do galego até acadar o 50% en novas e no espazo ocupado das mesmas no vindeiro verán de 2014.
setembro 02, 2013
Concentraçom contra agressom a Síria
Desde a A.C. Almuinha apoiamos a concentraçom contra a agresom a Siria por parte dos EEUU e os seus aliados, convocada por um bo número de entidades políticas, sociais e
culturais de Ponte Vedra e Marim, que terá lugar esta segunda feira (2 de
setembro) a partir das 20:30h. na Praça da Peregrina, e fazemos um
chamamento à cidadania para que participe.
Nom à agresom contra a Siria!!!
junho 24, 2013
Romaria da Pátria 2013, sábado 6 de julho

O Sábado 6 de julho as associaçons culturais Almuinha, Revira e Ronsel organizamos a VI Romaria do Dia da Pátria!!!
Programa:
10:00h.: Saida em dornas pola ria.
10:00h.: Roteiro polos muinhos do rio Loira.
14:00h.: Jantar (Paelha).
16:00h.: Foliada.
Para apontar-se ao jantar (10 euros) e/ou à Saida em dornas: a.c.almuinha@gmail.com ou centrosocial@revira.org.
junho 14, 2013
Roteiro polo Leres o sábado 29 de junho

Sábado 29 de junho as Associaçons Culturais Revira, En Pé e Almuinha organizam em colaboraçom a A. C. Cedofeita um roteiro pola senda do Léres. O roteiro arrincará as 10h Ciências Sociais para ir pola illa do Cobo e falar sobre a luita pola recuperaçom das junqueiras, iremos a entrada de Monteporreiro, zona de muitos fuzilamentos durante o franquismo, a casa das águas e o balneário das águas embotelhadas etc. Tambem estudaremos a diversa flora e fauna da zona além dos muinhos existentes polo percorrido. Após o mesmo celebraremos um jantar no Centro Social Revira ao qual podedes apontar-vos nos mesmos correios.
maio 31, 2013
Apoiamos a Marcha contra ENCE-ELNOSA deste sábado
Desde a A.C. Almuinha
manifestamos o nosso apoio à Marcha convocada pola Asociación Pola Defensa da
Ría (APDR) este Sábado 1 de junho, e que sairá da Alameda Rosalía de Castro de
Marim a partir das 19:30h, rematando na entrada de ENCE.
Consideramos que é especialmente importante
mobilizar-se nestes momentos, depois de que a modificaçom da Lei de Costas no
Parlamento espanhol abra a porta à concesom dumha prórroga que permita ao
complexo ENCE-ELNOSA permanecer na ria mais alá do 2018, ano no que vence a
actual concesom.
É por isto que queremos fazer um chamamento à
cidadania marinense para que acoda à Marcha. Só manifestando o rejeitamento
masivo da cidadania à permanência do complexo ENCE-ELNOSA na ria poderemos
conseguir que abandonem o actual emprazamento e a posterior recuperaçom da
ria.
Este sábado tod@s em Marcha!!!
maio 29, 2013
Manifestación Nacional contra a Minaría Salvaxe
ContraMINAcción chama á cidadanía galega a apoiar a manifestación do 2 de xuño para defender o noso país da minaría salvaxe
O colectivo ContraMINAcción chama a toda a cidadanía galega a apoiar masivamente a manifestación que se celebrará este domingo, 2 de xuño, en Santiago de Compostela, para obrigar á Xunta de Galiza a escoitar un sentir maioritario que se opón ao acaparamento e destrución de amplas zonas do noso territorio a mans da industria mineira.
ContraMINAcción fai este chamamento porque ao amplo historial destrutivo da minaría no noso país, que contou sempre coa conivencia dos poderes públicos, quérense sumar agora ducias de novos proxectos que ameazan con arrasar -coa posta en marcha de explotacións altamente contaminantes e a ceo aberto- comarcas como A Barcala, A Fonsagrada, A Limia, Ancares, Baixo Miño, Bergantiños, Celanova, Compostela, O Eume, Ordes, O Ribeiro, Terra Chá, Terra de Soneira, Vigo ou Xallas.
Os novos proxectos mineiros que pretende autorizar a Xunta en Baleira, Baralla, Becerreá, Castrelo de Miño, Corcoesto, Frades, Fragas do Eume, Mesía, O Pino, Oroso, Santa Comba, Santiago, Serra de Fontecuberta, Serra do Galiñeiro, Trasmiras, Xinzo ou Zas, destruirán espazos protexidos de incalculable valor ecolóxico, esquilmarán a terra da que viven miles de labregos e labregas e obrigarán ao exilio forzoso a todas aquelas persoas que tiveron a mala sorte de ter os seus fogares sobre recursos mineiros de dubidosa utilidade pública e cos que certas empresas queren especular para o seu único e exclusivo lucro privado.
Dende ContraMINAcción queremos expresar o noso máis sincero agradecemento aos apoios recibidos dende a sociedade civil, a través das adhesións de máis de medio cento de organizacións e colectivos de Galiza, do Estado Español e de América Latina que detallamos a continuación: Agrupaçom de Montanha Augas Limpas, Asociación Naturalista de Defensa Ambiental Ribeiras do Miño, Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen Petróleo, Associação Socio-Cultural O Iríbio, Comisión contra as Minas da Terra Chá, Contramínate de Laxe, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Plataforma pola Defensa do Galiñeiro, Plataforma Veciñal Corno do Monte, Salva la Selva, Santa Comba Viva, Sindicato Labrego Galego, SOS Groba, Verdegaia, Galiza Non Se Vende (GNSV), FEG - Federación Ecoloxista Galega, Galiza Nova, NÓS-UP, Partido da Terra, Espazo Ecosocialista Galego, Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Anova Irmandade Nacionalista, Associaçom Cultural Revira de Pontevedra, Confederación Intersindical Galega (CIG), A.C. Caldeirón de Malpica, Asociación Monte Pindo Parque Natural, Federación Rural Galega (FRUGA), Centro social Mádia Leva!, Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Plataforma Oro No (Tapia de Casariego), Centro Social Fuscalho (Baixo Minho), Fur Alle Falle, Rural C, Espazo Agroecolóxico A Estruga (Viveiro-Lugo), Fronte Cívica Somos Maioría da provincia de A Coruña, Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes "Verbo Xido", A.C. Almuinha de Marim, C.S. Gomes Gaioso, Asociación Cultural FUCO BUXÁN, Asociación Cultural Fillos de Galicia, Frente Popular Galega (FPG), Grupo Ecoloxista ADENCO. Asociación para a Defensa da Natureza do Condado, Plataforma cidadá Proxecto Cárcere, Compromiso por Galicia (CxG), A.C. Almuinha de Marim, CNT de Betanzos, Noalamina Esquel (Arxentina), Asociación Veciñal de Esteiro-Ferrol, Asociación Pola Defensa da Ría (APDR, Pontevedra), Asociación Ecologista Arco Iris, Amigos da Terra, Radio Ucamara en Nauta (Loreto, Perú), Cooperativa Agricultura Ecoloxica Raínha Lupa (Quilmas), Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo, ENTREPOBOS/ENTREPUEBLOS/ENTREPOBLES/HERRIARTE, Plataforma de Seguimiento de las Industrias Extractivas (PSIE), Movimiento No a la Mina (Argentina) - Asamblea Buenos Aires No a la Mina, El Observatorio Latinoamericano de Conflictos Ambientales OLCA (Chile), Xuventude Comunista, Observatorio de Conflictos Mineros en América Latina OCMAL (40 organizacións: http://www.conflictosmineros.net/quienessomos/), Acción Ecológica de Ecuador, Defensa y Conservacion Ecológica de Intag (Ecuador), Asociación Jalisciense de Apoyo a los Grupos Indígenas (AJAGI. Jalisco, México), Agrupaçom Cultural O Facho, Colectivo Ecoloxista Luita Verde, Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Bloque Nacionalista Galego (BNG), Colectivo Ecoloxista do Salnés, Ecologistas en Acción, Xuventudes Socialistas de Galicia e Departamento Justicia, Paz y Salvaguarda de la Creación (Obispado Copiapó, Chile).
A manifestación partirá da Alameda ás 12:00 horas e percorrerá rúas compostelás como a Senra, Praza de Galicia, Doutor Teixeiro, Hórreo, Toural ou o Vilar, para rematar na praza da Quintana. Alí, representantes das organizacións e colectivos que integran ContraMINAcción ou que loitan contra este tipo de proxectos sen necesidade de pertencer a esta plataforma, lerán un manifesto coral co que tentarán sensibilizar á sociedade galega desta ameaza global que afecta ao país enteiro.

maio 24, 2013
A A.C. ALMUINHA DENUNCIA A NEFASTA XESTIÓN DAS SUBVENCIÓNS CULTURAIS NO CONCELLO DE MARÍN
A.C. Almuinha leva traballando máis de cinco anos a prol da defensa da lingua e cultura galega na nosa vila. Tan só en 2008 foi beneficiaria dunha subvención, xa que as de 2009 ficaron sen resolver, no 2010 e 2011 non se convocaron axudas públicas (senón “individuais” para actos concretos), as de 2012 están sen resolver e as de 2013 sen convocar (o PP antes tiña a escusa de que “acababan de chegar ao goberno local”, mais agora, despois de 2 anos á fronte do Concello, cal é a escusa?).
O pasado 12 de marzo de 2012 o Concello de Marín publica no BOP unha convocatoria de axudas ás asociacions culturais. Almuinha presenta a súa solicitude o 23 dese mesmo mes.
O pasado 26 de febreiro de 2013 (case 1 ano despois), a concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, convocou ás entidades beneficiarias para comunicar a resolución das mesmas. A convocatoria fíxose por teléfono do día 25 para o 26, sen ningún tipo de comunicación escrita previa. Afirmaron facelo con esa celeridade co obxecto de “axilizar ao máximo os trámites”.
Apesares de que nas bases da convocatoria, no seu artigo 9 indícase que “O pagamento tramitarase no prazo de dous meses unha vez rematadas as actividades (31/12/2012)”, e apesares das declaracións á prensa da concelleira de Cultura acerca do “máximo respeto ao procedemento establecido nas bases”, a día de hoxe seguimos sen cobrar as axudas (3 meses depois da urxentísima reunión e para que logo teñan a “obxectividade” de puntuarnos con 3 ptos sobre 5 en capacidade de autofinanciación. Se agardásemos polas axudas, non teríamos disfrutado cada ano da Festa da Lingua ou da Romería da Patria, p.e.).
Como se aínda non fose o suficientemente grave a situación para as asociacións culturais que non recibimos axudas “individuais” para actos concretos, que estamos sen ningunha axuda dende o 2008, a non resolución da convocatoria 2012, supón ademais que o Concello non convocou nen poderá convocar a liña de axudas 2013.
Sen embargo, o Concello continua a colaborar con “axudas individuais” para actos concretos a distintas asociacións e entidades “amigas”, sen que existan ou coñezamos cales son os criterios de adxudicación, o procedemento de solicitude, se se teñen en conta para a concesión das axudas públicas anuais (“regulares”)..., apesares de ter solicitado información en varias ocasións.

ESIXIMOS QUE SE REMATE DUNHA VEZ COA CONVOCATORIA DE SUBVENCIÓNS CULTURAIS 2012, E SE SIGA UN PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DAS AXUDAS INDIVIDUAIS PARA ACTIVIDADES CONCRETAS TRANSPARENTE, OBXECTIVO E CLARO.
maio 16, 2013
Apoio à manifestaçom em defesa do galego

A A.C. Almuinha quer manifestar publicamente o apoio da nossa associaçom à manifestaçom em defesa do galego convocada o vindeiro dia 17 de maio com motivo do Dia das Letras Galegas, e que percorrerá as ruas de Compostela a partir das 12:00h desde a Alameda.
A nossa associaçom vem de celebrar a VI Festa da Língua esta passada fim de semana, na que amais de gozar dum dia de festa reivindicamos o direito a viver com normalidade em galego na nossa própria terra. Desta volta, e com os mesmos motivos, queremos animar à cidadania marinense a participar massivamente nesta convocatória festiva e reivindicativa.
Por desgraça, a situaçom do galego é dramática, cumha perda constante de falantes como consequência da imposiçom dumha língua foránea (própria de Castela). Se bem esta imposiçom do castelám começou hai vários séculos, nas últimas décadas está a ser tremendamente efectiva, devida a vários factores como som a imposiçom via legislaçom (proibiçom explícita do uso do galego em muitos âmbitos), a escola, os meios de comunicaçom, difusom de imagens negativas d@s falantes e dos âmbitos galegofalantes...
Como galegos, e se de verdade queremos a nossa língua, compre passar das palavras ao factos, compre comprometer-se os 365 dias do ano na defesa da nossa língua, apostar por ela, porque é a nossa, porque com ela estamos no mundo com identidade própria.
Este 17 de maio... tod@s a Compostela!!!
maio 06, 2013
VI Festa da Língua e I Foliada da Almuinha !
Um ano mais, e já vam 6, voltamos à rua pra festejar o Dia das Letras Galegas, pra celevrar que temos umha lingua da que estarmos orgulhosos, que nos identifica como povo e que nos permite comunicar-nos com mais de 250 milhons de pessoas do mundo lusófono. Mas também é um dia pra reivindicar os direitos das pessoas galegofalantes e da nossa lingua na nossa própria terra.
E saimos à rua conscientes da inutilidade mais absoluta de festejar um dia ou um mês ao ano, se estas celevraçons nom vam acompanhadas dum firme compromisso com a lingua ao longo de todo o ano. A nossa lingua atópa-se numha dificilísima situaçom que precisa, nom dum dia ao ano, senom dum compromisso permanente os 365 dias do ano.
Desde a A.C. Almuinha sempre quixemos fazer deste dia umha Festa participativa da cidadania. Nesta VI Festa da Lingua queremos Mais Festa e Mais Participativa, por isso cambiamos as actividades, que durante estes 5 anos tinham lugar desde a manhá, para a tarde-noite e organizamos a I Foliada da Festa da Lingua.
As actividades comezarám a partir das 18:00h na Alameda Rosalía de Castro com actividades para os/as mais pequenos/as. A partir das 20:00 h as actividades serám no Multiusos de Marim, onde entre outras actividades haverá apresentaçons de livros, ceia com favada (moi económica), espectáculo com lume e a I Foliada da Festa da Lingua a partir das 21:30h, estando as pessoas que participem da Foliada convidadas a cear!
Ao longo de toda a jornada haverá umha mesa com informaçom da Campanha "Galeguiza o teu nome e apelidos". E por último, aproveitamos para informar de que com a Festa da Lingua damos por rematada a Campanha "Em galego todo é possível", que vimos levando a cabo durante todo este ano 2013, deixando passo a campanhas mais concretas como a da galeguizaçom dos nomes e apelidos e outras que virám.
Vémo-nos na VI Festa da Lingua!!!
Em galego todo é possível!!
PROGRAMA VI FESTA DA LINGUA A.C.ALMUINHA
ALAMEDA "ROSALÍA DE CASTRO" - 18:00h.
- Contacontos "Codia e Miolo"
- Monicreques A.C. Almuinha
- Livros Viageiros
MULTIUSOS - 20:00h.
ALAMEDA "ROSALÍA DE CASTRO" - 18:00h.
- Contacontos "Codia e Miolo"
- Monicreques A.C. Almuinha
- Livros Viageiros
MULTIUSOS - 20:00h.
- 20:00h: Apresentaçom Livros:
* Ugio Outeiro "Mordida"
* Séchu Sende "Viagem ao Curdistám para apanhar estrelas"
- 21:30h: I Foliada da Festa da Lingua (César Loureiro, Os Chaneiros, O Abeiro, Son de quen son...)
- Ceia (favada)
- Queimada

- Espectáculo com Lume "Laura Naveira"
Subscrever:
Mensagens (Atom)