A A.C. Almuinha quere mediante estas liñas facer público que esta fin de semana inauguramos o noso Centro Social en Marín. A nosa asociación naceu hai case dous anos cuns claros propósitos, defender e potenciar a nosa lingua e cultura e dinamizar a vida cultural en Marín, mais o noso non é só un proxecto cultural, acreditamos nunha transformación social e en que outro mundo non só é posible senón que é necesario e con estas metas desenvolvemos diversas actividades entre as que podemos contar as festas da lingua, magosto, abertos de billarda, charlas, roteiros… Ao comezar a nosa andaina tamén nos púñamos como un obxectivo, aínda que non inmediato mais tampouco moi lonxano no tempo, chegar a ter un Centro Social onde poder desenvolver as nosas actividades e poder ofrecerlle aos veciños e veciñas de Marín un espazo en galego, ao mesmo tempo que conseguir ter un maior contacto coa sociedade, difícil de conseguir sen contar cun espazo físico proprio.
Despois de case un ano buscando o local máis axeitado para nós por fin o atopamos e estamos prontos para comezar a nosa nova andaina. Este novo camiño era un paso necesario non só para crecer como asociación, algo que agardamos, senón tamén para a sociedade marinense e galega en xeral, nestes momentos en que a nosa cultura e lingua están a ser atacadas non só por grupos galegófobos senón tamén polo actual goberno da Xunta, o noso labor é máis importante do que nunca para a sobrevivencia da nosa identidade.
Esta fin de semana iniciamos esta nova andaina, e con tal motivo temos varias actividades programadas. O venres día 18 de decembro a partir das 20:00 horas terá lugar unha charla co título "Centros Sociais na Galiza", na que intervirán representantes de varios centros sociais galegos, como son o C.S. Faísca (Vigo), C.S. Revolta (Vigo), Gentalha do Pichel (Compostela) e un representante da A.C. Almuinha. A continuación haberá unha pequena festa de inauguración con petiscos variados. O sábado día 19 de decembro continuamos as actividades cunha cea (Carne ao caldeiro), cuxo prezo é de 10 euros, e todas aquelas persoas que desexen asistir tan só teñen que comunicalo a través do noso correo electrónico (a.c.almuinha@gmail.com) ou por teléfono (677049789). Todas as actividades son abertas ao público, e terán lugar no Centro Social situado na rúa Ezequiel Massoni nº 63, baixo esquerda. Por último queremos convidar a todos aqueles que o desexen a achegarse ao Centro Social e participar das actividades.
Marín, a 14 de decembro de 2009
A.C. Almuinha
a.c.almuinha@gmail.com
www.acalmuinha.blogspot.com
Tlf: 677 049 789

2 comentários:
Avante a toda !
Marim e toda Galiza necessita ir inteirándo-se em que pais vivemos !
Parabéns companheiros!
Sorte e o meu apoio nesta nova andaina para unha das equipas fundadoras da LNB Sur.
Enviar um comentário