novembro 12, 2008

ABERTO DE BILLARDA DE MARÍN

video
O vindeiro sábado 15 de novembro a partir das 16:00 no Colexio A Laxe vai ter lugar en Marín, organizada pola A.C. Almuinha, a terceira xornada da Super Liga Galega de Billarda, na súa Conferencia Sur.

Ainda que os resultados están sendo moi bos para a nosa equipa, non esquecemos que o noso obxectivo principal nesta actividade é o de contribuir a recuperar este xogo tradicional, que até non hai moito tempo era moi popular nas rúas das vilas do noso pais.

Este sábado agardamos continuar, cando menos, coas boas cifras de participación que houbo até o de agora, en Porriño houbo 52 persoas inscritas e en Moaña 74. É por isto que queremos animar a tod@s aquel@s que o desexen a que se acheguen o vindeiro día 15 de novembro ao Colexio A Laxe a desfrutar dunha tarde animada xogando á billarda. A partir das 16:00 da tarde terá lugar a inscrición, os adestramentos previos e o sorteo. A inscrición no torneo é aberta, podendo anotarse quen queira, polo que non é preciso que tivese participado en algún dos anteriores torneos. Está previsto que a competición comece ás 17:00, tras o sorteo.

Os trofeos para @s mellores serán:

- Campión: trofeo e reloxio Festina valorado en máis de 100 euros.
- Finalista: trofeo e 1 lacón.
- Campión de varados: trofeo
- Mellor equipa: trofeo e 2 follas de bacallau.

Máis información en: www.lnbsur.wordpress.com e www.ovaral.blogspot.com.

Anímate e participa!!!

Sem comentários: